Iglesia Monacal de Santa María da Franqueira - A CAÑIZA

O Santuario de A Franqueira está situado no cumio da montaña que domina os vales de coveo e Mondariz. Foi levantado polos señores de sobrouso no s. XIII, para a orde dos Bernardos. O máis destacable é a portada gótica con reminiscencias románicas, de arquivoltas semicirculares, nas que destacan as esculturas. Catro pares de columnas acodilladas de fustes de ornamentación variada sosteñen as arquivoltas, con anxos dispostos en forma de arco como nas portadas oixivais. No tímpano figura a Adoración dos Reis Magos coa Virxe sentada baixo un cupulín oixival e o Neno sobre os seus xeonllos. A planta da igrexa é rectangular, unida a unha capela de ábsida tamén rectangular mediante unha bóveda de media laranxa. A nave ten catro compartimentos separados por arcos apuntados sobre os que descansa un teitume de madeira. Ao fondo e detrás do altar maior está a imaxe pétrea da Nosa Señora de A Franqueira, colocada nun templete elevado. 


Fuente: turismo.gal