Val miñoto
Os oitenta quilómetros finais do Miño están amparados por ambas as marxes nun espazo transfronteirizo dentro da Rede Natura. Comprende desde o derradeiro encoro na presa da Frieira (Crecente) ata a entrega no Atlán;co, xunto con algúns afluentes como o Tea e o Tamuxe na vertente galega e o Coura na portuguesa.
A fronteira do Miño une ecosistemas. Principalmente, os hábitats do estuario cunha extensa zona de xunqueiras e pradarías húmidas (denominadas na zona morraceiras) e illas e bancos de area (ariños). As mellores posibilidades de achegarse a estas paraxes están na praias da desembocadura como Camposancos, que conta ademais cun interesante sistema dunar, e os observatorios ornitolóxicos de probado éxito como o de Salcidos (A Guarda), fronte a illa de Canosa. As elevacións do terreo tamén son excelentes atalaias naturais como a subida ao castro de Santa Tegra ou ao Monte Aloia (Ver Parque Natural).
Tradicionalmente, o río é navegable ata Tui. Augas arriba o río estréitase entre penedos e pesqueiras, muros de pedra construídos para a pesca da lamprea. Na actualidade consérvanse unhas catrocentas entre Salvaterra de Miño e Crecente. Un bo si;o para observalas é na localidade de Arbo. No fermoso concello do Rosal parecen de obrigada visita os trinta e seis muíños en liña dos conxuntos etnográficos do Folón e o Picón.