Pesqueiras o pescos - ARBO

Construcións únicas situadas a ambos os dous lados do río Miño en forma de paralelepípedos de pedra que penetran na canle fluvial dende as dúas ribeiras e a función da cal é a de capturar distintas especies piscícolas, basicamente salmón, lamprea e zamborca. Estas obras construídas a base de perpiaños graníticos aliñados paralela ou oblicuamente ao curso do río orixinan as correntes que facilitarán o camiño a seguir polos peixes. O conxunto construtivo componse de varios corpos chamados "poios" que deixan entre eles unhas quellas estreitas, entre as que se situarán unha redes cónicas. Das pesqueiras ou pescos fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas se remontan á época romana.