O vindeiro 11 de decembro de 2016, o Concello de Arbo, organiza a I Feira de Nadal, coincidindo coa chegada desta data tan significativa.
ArboNadal pretende ser un evento que promocione e potencie os recursos artesanais, culturais e demais riqueza patrimonial da nosa vila, xerando un novo incentivo que invite á visita de locais e foráneos.
Esta iniciativa dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais, nace con pretensión de continuidade para converter ArboNadal nun referente en edicións vindeiras.
O Concello de Arbo, contará coa súa propia programación, con animación musical e unha zona na que se desenvolverán diversas actividades para nenos e adultos co fin de xerar atractivos que fagan que os visitantes de todas as idades participen e desfruten do evento.